Introducción aos blogues dende unha prespectiva emprendedora

mayo 5, 2011 at 11:56 am

 O próximo 14 de maio entre as 11.00h e as 13.30h no centro de innovación social (CIS) In Lugo terá lugar unha palestra sobre blogues focalizando o uso dos mesmos no ámbito empresarial. Durante a xornada realizarase un percorrido no que se poderán visualizar e entender os aspectos técnicos máis importantes a ter enconta no uso e xestión dun blogue de carácter empresarial. Da mesma forma e apoiandose nas distintas ferramentas e opcións que nos proporcionan estas plataformas traballarase sobres distintas posibilidades para crear a fidelización do cliente cara a empresa e manter unha interacción continua entre ambos.

Algúns dos puntos a tratar son os seguintes:

● Os blogues, unha ferramenta de publicación, comunicación unidireccional

● Os blogues, unha ferramenta de relación, comunicación bidireccional

● Comunicación distribuida e participación na conversa

● Da conversa á implicación: de con-tertulios a clientes satisfeitos

● O emprendemento, a implicación persoal e a conversa

● Engadidos, plugins e personalización: o mashup ao sevizo da difusión

● Xestionando a participación: cometarios, estilo de

● Nacendo: as fronteiras do ecosistema no que vamos medrar. Lingua, identidade colectiva e contorna xeo-imaxinaria

● Sobrevivindo: resiliencia na construcción dunha identidade dixital

● …

● Cousas prácticas: estatísticas

● Cousas prácticas: a loita contra o spam

● Cousas prácticas: o theme non é tan importante coma o tono

● Cousas prácticas: unha planificación estratéxica

● Cousas prácticas: amigando no twitter, no facebook, no tuenti…

● Cousas prácticas: control do tempo, na conversa e no resto. Facendo pomodoros.

● Ferramentas do cidadán dixital: o lector de RSS

● Ferramentas do cidadán dixital: fios auto-replicados

● Ferramentas/superpoderes: cifrado para todos

● Ferramentas/superpoderes: xestión do traballo en equipo. FengOffice/Valkyrie.

● Ferramentas/superpoderes: ubicuidade mobil. Publicando no momento preciso.

● Ferramentas/superpoderes: o catálogo de capacidades comunicativas.

● O que non aprendimos na escola: debatir, conversar, traballar en equipo…

● …

Por certo o conferenciante é Pedro Silva creador de ‘blogaliza.org’ dun dos maiores xestores de blogues de todo o estado eo maior xestor de blogues en galego, fundador da empresa ‘Algueirada’ decicada a xestión cultural basada na utilización de novas tecnoloxías dixitais, na creatividade, no factor humano e no uso de software libre. Así mesmo é activista da rede e do software libre desde mediados dos anos 90. Tamén e membro activo da ‘Asociación de usuarios de *Nix de Galicia’ (AGNIX).

Xornada Blogs

Entry filed under: Eventos. Tags: .

¡¡Ubuntu-Linux 11.04 na rúa!! Ficción ou realidade?


Calendario

mayo 2011
L M X J V S D
« Abr   Jun »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android