eyeOS nas II Xornadas de Programación Web con Software Libre by Ousli

junio 22, 2011 at 2:34 pm 2 comentarios

Video sobre o sistema operativo (libre) na rede eyeOS, feito no salón de actos da facultade de informática da universidade de Vigo -eseida-.

É un video certamente recomendable, Pau fai un recorrido completo dende a creación do concepto inicial ata a actualidade do sistema, pasando por diversos puntos como son os pros e contras de que o proxecto este baixo unha licencia de sw libre (a necesidade de rachar tabues, de romper con falsos moldes, o feito de colgarse medallas por parte dos políticos de turno a costa do SwL,…), a competencia de outros proxectos similares, evolución futura…

A partir do minuto 60′ fai unha crítica tremendamente realista sobre as pesimas condicións que hai en este estado a hora de ser un emprendedor se nos comparamos con outros paises onde si existe un apoio real a todos aqueles proxectos innovadores (mellor velo no video certamente!!!).

Para visionar o video – pulsa aquí. –

Un gran exemplo da grandeza de compatir, pero tamén un gran exemplo de que ainda hai moitos FUD’s (creados intencionadamente por terceiros) sobre o verdadeiro valor e poderio do Software Libre.

Publico aquí a miña admiración por estes rapaces que fixeron realidade unha idea. Como ben dicen eles, se en lugar de estar en España estibesen en outros paises… ¡¡outro galo cantaria!! e se agora son grandes aló poderían ser xigantes.

Entry filed under: GNU/Linux, ProgramaciónWeb, tecnoloxia. Tags: .

ESPAÑISTAN Discriminación tencolóxica I

2 comentarios

  • 1. toni  |  agosto 4, 2011 a las 12:15 pm

    Simplemente un breve comentario. A Pau o trouxemos xustamente nas II Xornadas de programación web con Software Libre as cales organizamos únicamente a asociación OUSLI e non eseida.

    Por outra banda dicir que concordo totamlente có que comentas no post e coa charla de Pau, e dende logo que merece a pena vela.

  • 2. toniocastro  |  agosto 5, 2011 a las 9:53 am

    Ok correxido😀


Calendario

junio 2011
L M X J V S D
« May   Ago »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android