Máis importante que o software libre

marzo 3, 2012 at 11:47 am

Hoxe mentres camiñaba polas rúas da miña cidade facendo unhas pequenas compras deume por empezar a vaticinar que vantaxes tivo na miña vida tanto a nivel persoal como a nivel profesional a miña incursión ala polo dous mil catro dentro do movemento do software libre. Seguín camiñando e entre tenda e tenda seguia batallando na miña leria persoal, no ámbito profesional está claro que me levou a aprender moitas cousas, o uso dun bo abano de tecnoloxías, de aplicacións, levoume a querer saber e poder aprender o porqué das cousas, do seu funcionamento, tiven e teño a oportunidade de velo (o código está ahi!!). Ben é certo que como sempre o cambio non foi fácil, sobre todo porque tiven que empezar de cero (e obrigome a seguir aprendendo), cando en outras plataformas xa tiña un bo dominio da súa tecnoloxía tanto de escritorio como web.

Pero o certo é que despois de moito camiñar, logo de saltarme algunha tenda por despiste dada a miña aureola mental de pensamentos deime conta de que máis importante que todo o aprendido, máis importante que todo o código que existe, máis importante que todas as aplicacións habidas e por haber, máis importante que os estandares e formartos abertos, máis importante que Debian, Ubuntu ou Fedora, máis importante que php, phyton, ou c++, máis importante que Vi,gedit, Netbeans, ou Eclipse, máis importante que Git ou Bazaar, máis importante que Apache, máis importante que VirutalBox ou KVM, máis simporante que bash, AWK ou Sed, máis imporante que OpenSSH ou OpenSSL, máis importante que WordPress ou Drupal, máis importante que toda a documentación de HowtoForge, … máis importante que todo iso é a fabulosa xente que coñecin, persoas coas que desde o primeiro momento me sentín agusto, coas que comparto inquedanzas, persoas das que non paro de aprender día tras día, persoas tremendamente validas que lle dan sentido a palabra -profesional-, persoas que hoxe considero amigos, que certamente me alegro das suas victorias e me joden os seus fracasos, persoas que só por elas xa ten sentido todo o meu camiño recorrido dentro do movemento do software libre.

Por todo iso hoxe quero darlles as GRAZAS!! dado que o software libre sen xente como eles non ten sentido, non sería nada, só código, e ben sabemos que o software libre é moito máis que código😀

Un pequeno tributo a todos: Brenlla, Hermo, Victor, Oscar, Alberto, Xabi, Amador, Pedro, Alex, Rafa Avila, Rafa (melisa), Capri, Xurxo, keko, Fran, Miguel (Branco e Bouzada),… e tantos outros… que como dixen fan por si mesmos que todo isto teña sentido.

S2!

Entry filed under: Celebracións. Tags: , , .

Ubuntu on line tour Compartir escritorio


Calendario

marzo 2012
L M X J V S D
« Feb   May »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android