Posts filed under ‘GNU/Linux’

picarOS

Como moitos xa sabedes desde galpon.org están a traballar nun sistema operativo para aprobeitar os pc’s con recursos limitados que se chama Minino.

Pois ben, Minino ten unha versión especifica para os nenos que se chama picarOS que podes descargar premendo no enlace.

Así que a disfrutar de Minino ou de picarOS (iso.torrent).
s2!

octubre 22, 2012 at 11:08 am

Asuntos Propios (RNE) falando de Sw Libre

Entrevista ao director xeral de CENATIC no programa de RNE ‘Asuntos Propios’.

Como dicen na entrevista… “el sw libre está presentes en nuestras vidas por mas que no queramos verlo…”

[Todos con Sw Legal]

[Cenatic]

 

enero 16, 2012 at 3:17 pm

Software libre explicado en dous minutos

 

 

septiembre 19, 2011 at 2:13 pm

20 anos do kernel LINUX

Video-celebración do vinte aniversario do kernel máis famoso e máis potente xamais creado. Sexa quizais a maior obra de enxeniería informática realizada polo ser humano, tornandose nunha mostra clara do poder de traballar en comunidade, pertencéndonos a todos malia non ser de ninguén.

Quero felicitar a toda esa inmensa comunidade que fan posible que LINUX siga sendo posible.

Feliz aniversario LINUX!!!

Aniversario 20 anos de Linux

agosto 25, 2011 at 7:51 am

eyeOS nas II Xornadas de Programación Web con Software Libre by Ousli

Video sobre o sistema operativo (libre) na rede eyeOS, feito no salón de actos da facultade de informática da universidade de Vigo -eseida-.

É un video certamente recomendable, Pau fai un recorrido completo dende a creación do concepto inicial ata a actualidade do sistema, pasando por diversos puntos como son os pros e contras de que o proxecto este baixo unha licencia de sw libre (a necesidade de rachar tabues, de romper con falsos moldes, o feito de colgarse medallas por parte dos políticos de turno a costa do SwL,…), a competencia de outros proxectos similares, evolución futura…

A partir do minuto 60′ fai unha crítica tremendamente realista sobre as pesimas condicións que hai en este estado a hora de ser un emprendedor se nos comparamos con outros paises onde si existe un apoio real a todos aqueles proxectos innovadores (mellor velo no video certamente!!!).

Para visionar o video – pulsa aquí. –

Un gran exemplo da grandeza de compatir, pero tamén un gran exemplo de que ainda hai moitos FUD’s (creados intencionadamente por terceiros) sobre o verdadeiro valor e poderio do Software Libre.

Publico aquí a miña admiración por estes rapaces que fixeron realidade unha idea. Como ben dicen eles, se en lugar de estar en España estibesen en outros paises… ¡¡outro galo cantaria!! e se agora son grandes aló poderían ser xigantes.

junio 22, 2011 at 2:34 pm 2 comentarios

¡¡20 anos de Linux!!

Pois só queda felicitarnos a tod@s @s linuxer@s!!!

En muyLinux dan máis información sobre o evento.

😀

abril 8, 2011 at 10:12 am

Malestar na comunidade de Sw Libre de Galicia

Toda a comunidade de sw libre de Galicia-Galiza está en pé de guerra contra outra mostra máis do ‘amor’ que sinte a Xunta de Galicia (*) por M$. Por elo a comunidade galega de software libre manifesta nun comunicado conxunto a súa preocupación e malestar.

Comunicado conxunto dos grupos de usuarios de GNU/Linux de Galicia

(*)-> Lamentablemente non só a Xunta de Galicia está nas mans de M$, senon que outras moitas (practicamente todas) administracións están tamén cautivas desta multinacional, en algúns casos por deixaded, por falta de información dos responsables dos mesmos, e mesmo pode que por presións ou ate por interes… sexa como sexa a lamentable realidade é ver como se tira o diñeiro público no pago de royalties de software privativo sen o maís mínimo interes REAL na implantación de solicións canto menos igual de eficientes de software libre, que non só beneficia as arcas de cada unha destas entidades se non que contribue a mellora do propio software libre así como a expansión do mesmo entre os traballadores destas administracións e usuarios das mesmas.

Como dixen en moitas outras ocasións, debemos empezar por ensinar o verdadeiro poder do software libre aos gobernantes se queremos que algún día teña o lugar que lle corresponde no ámbito público.

S2!

Actualización:

Nova en ‘A Nosa Terra’ -> Regalo para Micro$oft

Ora ben, tamén debemos salientar que a Xunta do PPdeG, acudindo ás grandes multinacionais informáticas, vén de gastar millóns de euros na tradución do material e dos servizos informáticos que aquelas ofrecen…

Millóns de euros que contrastan cos 500.000 euros que a Xunta consideraba “custo excesivo” e que o goberno bipartito destinaba para Mancomún, proxecto nado no ano 2006, que aglutinaba as iniciativas de apoio ao software libre,…

Cada un coxea do pé que lle convén 😦

febrero 25, 2011 at 7:57 pm

Entradas antiguas


Calendario

junio 2017
L M X J V S D
« Abr    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android