Posts filed under ‘Google’

Chrome a fondo e enlaces magnet o futuro do p2p

Dado que non teño moito tempo a escribir sigo na miña teima de usar o blog como un ‘app to read later’ polo que vou deixar dous enlaces que me parecen interesantes:

1-Funcionalidades de Google Chrome a fondo

2-Enlaces magnet o futuro do p2p

s2!

febrero 17, 2012 at 11:47 am

Guia de boas prácticas para a construcción de app’s web

Deixo un enlace por cortesia de Google donde podemos ollar un documento sobre as boas prácticas para a creación de aplicacións web.

 best practices  to build modern web apps

febrero 14, 2012 at 12:26 pm

Chrome Remote Desktop

Interesante extensión para os navegadores Chrome / Chromium que permite controlar un orndandor remoto de forma clara e sinxela permitindo visualizar o escritorio remoto.

Esta ferramenta / plugin está ainda en fase beta e a xente de Google está a espera de reportes sobre erros que poida ocasionar.

Podes descargala aquí: Chrome Remote Desktop

(Lamentablemente non é SwL)

octubre 11, 2011 at 9:52 am

HTML 5 -Comparando navegadores-

Grazas a un enlace deixado por Amador Loureiro puiden acceder a seguinte web: http://html5test.com/ a cal fai un análise sobre as capacidades do navegador web que estas a usar nese intre para a xestión dos novos elementos que introduce a versión 5 de HTML. Eu son principalmente usuario de dous navegadores como son Firefox de Mozilla (o rei :-P) e Chrome de Google, pero neste caso tamén quero ter enconta ao IE8 de MS. Para que non haxa distinticións de ningún tipo e dado que IE8 só se pode executar en Windows, vou usar como plataforma para comparar os navegadores citados un Windows7 professional virtualizado sobre VMWare Player nunha Ubuntu 9.10 (x64).

Resultados:

A avaliación faise sobre 160 etiquetas, polo tanto os resultados poden variar desde os 0 puntos (desastre absoluto) ate os 160 (sobresainte).

Mozilla Firefox versión 3.6.3 : alcanza os 101 puntos sobre 160_

  • Por seccións_
    • Doctype: 4/4
    • Canvas: 12/12
    • Video: 25/30 , aquí podemos ollar o feito de que non da soporte ao codec H.264
    • Audio: 20/24
    • Geolocalización: 5/5
    • Storage: 8/8
    • Offline Web Applications: 8/11.
    • Workers: 6/6
    • Section elements: 0/7 , dfiasco absoluto.
    • Goupring content elements: 0/2 , fiasco absoluto.
    • Test-Level semantic element: 0/5 , fiasco de novo.
    • Forms: 1/27 , de novo neste punto a implementación de html5 é moi baixa, por non decir nula.
    • User interaction: 12/19

Chrome de Google versión 4: alcanza os 118 puntos sobre 160_

  • Por seccións_
    • Doctype: 4/4
    • Canvas: 12/12
    • Video: 30/30 , google sí fai uso do codec H.264 -flaco favor lle fai con isto ao futuro da web-
    • Audio: 20/24
    • Geolocalización: 0/5, fiasco absoluto.
    • Storage: 4/8
    • Offline Web Applications: 3/11 , non da soporte as web SQL DataBase.
    • Workers: 6/6
    • Section elements: 7/7
    • Goupring content elements: 2/2 .
    • Test-Level semantic element: : 4/5
    • Forms: 14/27
    • User interaction: 12/19

IE8 de MS : alcanza os 19 puntos sobre 160_

  • Por seccións_
    • Doctype: 4/4
    • Canvas: 0/12 , fiasco absoluto.
    • Video: 0/30 , fiasco absoluto.
    • Audio: 0/24 , fiasco absoluto.
    • Geolocalización: 0/5 , fiasco absoluto.
    • Storage: 8/8
    • Offline Web Applications: 0/11 , fiasco absoluto.
    • Workers: 0/6 , fiasco absoluto.
    • Section elements: 0/7 , fiasco absoluto.
    • Goupring content elements: 0/2 , ffiasco absoluto.
    • Test-Level semantic element: 0/5, fiasco absoluto.
    • Forms: 0/27 , fiasco absoluto.
    • User interaction: 7/19

Vistos os resultados podo concluir que o navegador con mellor interación cos novos elementos que presetna html5 é Chrome de Google, seguido moi de cerca de Firefox, e moi moi pero moi lonxe aparece IE8 de MS.

Se usades outros navegadores e queredes compatir os vosos resultados éstes serán benvidos.

S2!

abril 12, 2010 at 3:59 pm 4 comentarios

OpenMeetings

OpenMeetings é un navegador web baseado en software libre que permite crear de inmediato unha conferencia en web. Podes usar o micrófono ou webcam, compartir documentos en un cadro branco, compartir súa pantalla ou gravar reunións. Está dispoñible como servizo Hosted ou descargar e instalar un paquete no seu servidor sen limitacións no uso ou usuarios.

Actualización_

Mais información na seguinte web: DiarioLinux.

marzo 17, 2010 at 6:02 pm 2 comentarios

Google parece ter duas caras…

Cando o sw libre non é tan libre, cando os que apoian ao sw libre restrinxen as suas libertades.

Android baixo as cadeas de Google

septiembre 30, 2009 at 5:06 pm

Golpe de efecto de Google con ‘Google Chrome OS’

//

//

//

//

//

//

Non damos feito con tanta novidade por parte do xigante Google, non fai moito que Android saiu a luz e parecia e ainda parece ser a competéncia directa do gran império OScuro no terreo dos ultraportátiles, todos pensábamos que GNU/Linux máis Android se pelexarian con novo sistema operativo de Redmond para dominar este suculento mercado.

Pero Google decidiu dar un golpe na mesa, marcar distancias e romper co estabelecido en sistemas operativos se refire ata as datas actuais e puxo en xogo a ‘Google Chrome OS‘ collendo por sorpresa (penso eu) ata ao máis atrevido dos tecno-visionários. Ben é certo que o império OScuro esta traballando nun proxecto parececido pero polo de pronto xa se quedaron atrás; como digo Google rompeu a partida e decidiu facer un envite ao resto dos rivais.

O mellor de todo e que Google Chrome OS esta baseado no kernel LINUX así que polo de pronto podemos decir que é outro tanto que se anota o movemento FLOSS. Ben é certo que resulta unha competéncia para o resto das distros GNU/Linux pero ben, ao fin e ao cabo, o kernel que todas usan é Linux así que en principio todas se benefician.

Entre unhas cousas é outras os ananos parecen multiplicarselles ao império OScuro, Android, Chrome OS, Ubuntu, o seu navegador que día tras día perde cuota con respecto a Firefox, logo están OpenOffice, Google Docs,… vamos que a tarta vaise repartindo en multiples cores e sabores, por fortuna.

E falando de Firefox, cal será o seu movemento respecto a esta nova (polo menos para min) visión de internet e dos sistemas operativos??? e sobre todo pensando en que para o 2011 Google pode deixar de apoialos económicamente… veremos o que nos depara o futuro, de momento esto non fixo outra cousa que empezar.

🙂

julio 9, 2009 at 6:14 pm 2 comentarios

Entradas antiguas


Calendario

abril 2017
L M X J V S D
« Abr    
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android