Posts filed under ‘Noticia’

Migracíons ao software libre

A avalancha de migracións que se están a producir cara o software libre é impresionante. Cada día unha nova entidade, unha nova organizacíon, migra os seus sistema a plataformas de código aberto.

O medo, o descoñecemento que existia fai uns anos xa non é tal, cada vez é máis fácil encontrar a todo tipo de persoas que coñecen e mesmo fan uso de ferramentas de código aberto ou sistemas operativos libres.

Desde fai moito tempo as maiores bolsas de Stocks do mundo por exemplo fan uso de GNU-Linux para operar e lebar a cabo aquelas accións máis críticas e delicadas, esto débese tomar como un bo exemplo da confianza que xénera o código aberto nas institucións que centralizan o manexo do capital mundial.

Deixo unha serie de enlaces (listado incompleto… é demasiado o que está a acontecer para abarcalo todo) nos que se pode ollar como esta migración é o incio da dominación mundial por parte das novas tecnoloxias abertas, colaborativas, estandarizadas e máis solidarias:

Unha vez me contarón que o software libre estaba morto… en fin… parece que non sabian moi ben do que falaban.

Estamos vivos, somo libres… e imos conquistar o mundo.

S2!

mayo 29, 2012 at 11:18 am

Congreso de ciencia e software libre en Lugo

Se eres un apaixonado da ciencia, se gustas de usar software libre, se queres aprender cosuas de ambos mundos que están tan sumamente unidos… non dúbides en asistir ao congreso de IGACIENCIA que se vai celebrar en Lugo os dias 2 e 3 de Xullo.

Para informarte olla o seguinte enlace:

Igaciencia en Lugo

Un saúdo.

mayo 28, 2012 at 2:59 pm

Novas que non quixera ter que ler

Hoxe como case todos os dias navego pola rede para “informarme”  (dentro do posible) do mundo e do momento da historia na que vivo, e hoxe como moitos outros dias termino lendo novas que ao fin das mesmas quixera non ter que ler, son noticias que non me gustan, unhas van encontra dos meus principios, outras tocan a fibra sensible, tamén hai noticias que me cabrean, e alguna que me deixa perplexo… as novas que hoxe non quixera ter que ler son (entre outras) as seguintes:

Duros momentos os que estamos a vivir…!

 

agosto 30, 2011 at 6:35 pm

Ibarra dando clase de software libre no senado

Gracias Ibarra!!! por poñer a voz de moitos diante das suas señorias.

enero 13, 2011 at 9:03 pm

Linux+Oracle no Cern

Como sabedes son un admirador e seguidor do programa ‘Redes‘ no que o xenial sr.Punset nos ílustra falando cos científicos máis relevantes do mundo, así que non é de extrañar que mentres estou programando teña como fondo para matar o silencio un dos moitos videos que colgan da web de dito programa.

Pois pasou que por esas casualidades da vida, que nun dos trocos de de pantalla fun parar ao escritorio onde tiña correndo o navegador cun destes videos, así que durante un intre permanecin ollando dito video, e de rependete…. pun chis plas… carteis sobre a world wide web, sobre serves, sobre linux + oracle,… e claro… non tiven outra que parar o video e atrasalo para saber se non estaba trabucado co que me parecera ler; e certamente non o estaba, no video que falaba sobre o Cern e como os cientificos usan a tecnoloxía máis potente do mundo para descubrir o misterio de como empezou todo, de cales son as particulas máis elementais, de que pasou na primeira millonesima de segundo despois do big-bang, hai estaba o noso querido GNU/Linux traballando unha vez máis en silencio, sen facer ruxido, a sombra, a prol da humanidade.

Como di o refrán, unha imaxe mil palabras:

Linux + Oracle no CERN

Pois iso, se non o poño revento :-P.

S2!

septiembre 9, 2009 at 3:15 pm

O novo goberno da Xunta de Galicia/Galiza ‘parece’ seguir apoiando ao Sw libre

Deixo o enlace a web da Xunta de Galicia/Galiza onde se mostrá o impulso que parece seguir recibindo o sw libre por parte deste organo dentro do noso territorio.

Ao mesmo tempo deixo outro enlace do amigo e mestre ‘asennadas‘ a súa bitácora onde fai unha reflexión e recorrido sobre o acontecido.

Pola miña parte só podo decir que estou “contento” pero que estaremos atentos e seguiremos pelexando.

S2!

julio 31, 2009 at 8:45 am

Tractorada!!!

//

Pois sí, hoxe os lagregos sacaron os tractores as ruas de Lugo para reinvindicar un trato xusto no prezo de leite, que deixen de ser moeda de cambio do goberno español con europa, e igual que se fixo co aceite se poida chegar a un consenso nacional que permita que as granxas sexan rendibles e o futuro do agro este garantido.

Hoxe en Lugo voltou a oirse os motores da dignidade:

Tractora por un prezo do leite xusto.

Tractora por un prezo do leite xusto.

Video dos -Rastreiros-, tractorada!!!!:

julio 13, 2009 at 4:08 pm

Entradas antiguas


Calendario

mayo 2017
L M X J V S D
« Abr    
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android