Posts filed under ‘tecnoloxia’

eyeOS nas II Xornadas de Programación Web con Software Libre by Ousli

Video sobre o sistema operativo (libre) na rede eyeOS, feito no salón de actos da facultade de informática da universidade de Vigo -eseida-.

É un video certamente recomendable, Pau fai un recorrido completo dende a creación do concepto inicial ata a actualidade do sistema, pasando por diversos puntos como son os pros e contras de que o proxecto este baixo unha licencia de sw libre (a necesidade de rachar tabues, de romper con falsos moldes, o feito de colgarse medallas por parte dos políticos de turno a costa do SwL,…), a competencia de outros proxectos similares, evolución futura…

A partir do minuto 60′ fai unha crítica tremendamente realista sobre as pesimas condicións que hai en este estado a hora de ser un emprendedor se nos comparamos con outros paises onde si existe un apoio real a todos aqueles proxectos innovadores (mellor velo no video certamente!!!).

Para visionar o video – pulsa aquí. –

Un gran exemplo da grandeza de compatir, pero tamén un gran exemplo de que ainda hai moitos FUD’s (creados intencionadamente por terceiros) sobre o verdadeiro valor e poderio do Software Libre.

Publico aquí a miña admiración por estes rapaces que fixeron realidade unha idea. Como ben dicen eles, se en lugar de estar en España estibesen en outros paises… ¡¡outro galo cantaria!! e se agora son grandes aló poderían ser xigantes.

junio 22, 2011 at 2:34 pm 2 comentarios

Como funciona internet??

Pequeno video que nos pretende aclarar de forma animada cal é o funcionamento da rede das redes.

Sei que xa ten algún tempo pero seguro que hai xente que non o coñecia.

abril 4, 2008 at 5:27 pm 1 comentario

Desktop Multiplier

Acabo de descubrir esta aplicación, permiteche cun só ordenador crear varias estacións de traballo independentes. Parece interesante, imos ver…

Na súa web indica::

Desktop Multiplier is a simple and free software add-on for Linux users. Transform your dual-monitor Linux PC into a dual-station PC! You’ll be able to support two independent users, each with their own screen and keyboard with just one PC. All you need is a dual-head video card and an extra USB keyboard and mouse.

Descargar a versión gratuita:: – aquí – (pois ten unha de pago)

diciembre 5, 2007 at 9:57 am

Como funciona a enerxia solar -Video-

Neste video explicase como facendo uso de paneis solares podemos aproveitar a enerxia que desprende o sol. Non é moi longo pero sí é moi explicativo.

octubre 16, 2007 at 8:38 am

CHM en GNU/linux

Os ficheiros con extensión .chm son un formato – propietario -de arquivo creado por Micro$oft para os seus arquivos de axuda. En realidade trátase dun arquivo que encapsula un conxunto de páxinas HTML e engade a posibilidade de usar un índice. Non en balde as súas siglas proveñen de Compiled HTML Help.

Para poder ver arquivos chm en GNU/Linux temos dúas alternativas, extraer as páxinas HTML que compón o arquivo ou ben utilizar unha aplicación capaz de ler CHM.

Para a primeira opción podemos acudir ao comando extract de libraríaa CHM. Para instalalo:

sudo aptitude install libchm-bin

Para extraer

extract_chmLib o meu_arquivo_chm.chm directorio

onde, como podedes adiviñar, o primeiro argumento é o arquivo chm que queremos extraer e o segundo o directorio no que gardar os arquivos extraídos.

Dentro da segunda categoría contamos con varias alternativas, como pode ser xchm, gnochm para Gnome ou kchmviewer para KDE (todos nos repositorios de Ubuntu).

———-

Tamén podes usar a apliación arCHMage .

Para descargala::

  • Compilada para Ubuntu:: aquí.
  • Compilada para Debian:: aquí.

Se o que queres é o código:: aquí.

Nos repositorios podes encontrar os seguintes visualizadores::

** xchm **
** gnochm **

Visto en:: –mundoGeek

agosto 28, 2007 at 10:56 am 2 comentarios

Moonlight: o Silverlight para Gnu/Linux

E tal como prometeu Miguel de Icaza, un equipo de programadores do proxecto Mono logrou a increible fazaña de portar Silverlight a GNU/Linux en só 21 días de duro traballo, poucas horas de soño e moito café. O resultado chámase Moonlight e podemos coñecelo con máis detalle no blog de Miguel.

O resultado é un plugin que en realidade non necesita de Mono para funcionar e que nos permitirá acceder desde GNU/Linux ao contido de vídeos, gráficos vectoriales e animacións desenvolvidos con esta nova tecnoloxía de Microsoft equiparable ao Flash de Adobe.

Sempre Icaza!!!

Fonte::-vivalinux.com.ar

junio 25, 2007 at 7:20 am

Video das futuras pantallas flexibles

mayo 28, 2007 at 7:57 am

Entradas antiguas


Calendario

junio 2017
L M X J V S D
« Abr    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android